jueves, 4 de junio de 2015

Aniversarios no terceiro Trimestre

Neste trimestre foi o aniversario de:





Imos ao Correlingua!

Coma todos os anos, na Coruña con motivo das Letras Galegas, fan unha carreira-andaina pola cidade para reivindicar o uso da lingua galega nos colexios e na vida en xeral. Os nenos de Gina e nós decidimos que queremos participar así que nos imos preparar para ir ben guapos e como un grande equipo a favor do Galego.

O primeiro que facemos e deseñar as camisetas e con rotuladores e pintura para telas, imos pintándoas e van quedando moi chulas. Mirade que traballo nos dou, pero,... e o ben que quedaron?




Tamen, entre as dúas clases fixemos unha pancarta, co noso lema: "En equipo, creamos galego"


Cando xa todos tivemos a nosa camiseta feita, mirade que guapos estábamos:



O día 14 de Maio, fómonos para a coruña, coas nosas gorras preparadas, xa que facía algo de sol. 

Chegamos a Riazor e empezou o Correlingua. Fomos todo o camiño cantando as cancións que aprenderamos eses días na aula e pasámolo moi ben... Foi moito camiño, pero portámonos coma campións. 

Chegamos á Torre de Hércules e alí habia preparado un concerto de rock, e bailamos, cantamos ata que xa nos foi hora de irnos. Pero que ben o pasamos!!


Foi unha mañá redonda, non puidemos pedir máis.

Eso sí, antes de rematar esta entrada, dar as grazas ás familias que viñeron a axudarnos a que todo salira ben e a pasar un día de festa con nós, celebrando o galego, todos xuntos coma un equipo.

Grazas de corazón! 



Excursión á Casa do Queixo!

Como xa sabedes, o día 11 de Maio, fomos de excursión á Casa do Queixo, en Sobrado dos Monxes.

Montamos no autobús, todos preparados coas mochilas, auga, e con moitas ganas de chegar. 

Na viaxe de autobús portámonos moi ben e fomos vendo unha película: Vicky o Vikingo.


Casi unha hora de viaxe despois, chegamos á Casa do Queixo, onde nos recibeu a xefa que nos comentou unhas normas moi importantes a cumplir e nos presentou aos rapaces que nos explicarían sobre os animais e sobre as cousas que íamos ver e facer no día. Organizáronnos en dous equipos e pasamos a ver a Granxa-Zoo, na que había: 



E despois fomos dar un paseíño a coñecer a Lenda do Muíño Encantado... 


Para despois irnos todos coas profes ao Comedor onde nos aseamos e comemos o que trouxemos da casa.


E ir xogar un pouco ao aire libre, tíñamos que aproveitar o dia tan bo que facía!


Xa pola tarde, volvemos aos nosos equipos e fomos facer as actividades dos talleres: Fixemos queixo e unhas manualidades con material de refugallo. 



Despedimonos dos monitores e xa nos imos... Vaia día cheo de actividades e cousas novas... Estamos cansadiños, así que no autobús, cos cintos ben postos, imos rematar de ver a pelicula de Vicky e a descansar un pouco. Nunha horiña xa estamos coas nosas familias contándolles todo o que fixemos.